Os días 23 e 24 de outubro terán lugar as II Xornadas de Investigación en Patrimonio Cultural no Salón de Graos do Edificio de Facultades do campus de Ourense, ainda que tamén se poderán seguir en liña a través do Campus Remoto da UVigo.
A conta atrás xa está en marcha para este encontro que reunirá a estudantes, profesorado e persoas investigadoras arredor da investigación, conservación e posta en valor do patrimonio cultural.
Un espazo para compartir coñecemento, fortalecer redes e facer medrar a nosa comunidade investigadora.
