BÁSICAS | CAPACIDADES E DESTREZAS | XERAIS | ESPECÍFICAS | TRANSVERSAIS

 

Competencias básicas

CB11
Comprensión sistemática dun campo de estudo e dominio das habilidades e dos métodos de investigación relacionados con dito campo.

CB12
Capacidade de concibir, deseñar ou crear, poñer en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación ou creación.

CB13
Contribución á ampliación das fronteiras do coñecemento a través dunha investigación orixinal.

CB14
Realización dunha análise crítica e de avaliación e síntese de ideas novas e complexas.

CB15
Capacidade de comunicarse coa comunidade académica e científica, e coa sociedade en xeral, sobre os seus ámbitos de coñecemento nos modos e idiomas de uso habitual na súa comunidade científica internacional.

CB16
Capacidade de fomentar, en contextos académicos e profesionais, do avance científico, tecnolóxico, social, artístico ou cultural dentro dunha sociedade baseada no coñecemento.

 

Capacidades e destrezas

CA01
Desenvolverse en contextos nos que hai pouca información específica.

CA02
Encontrar as preguntas claves que hai que responder para resolver un problema complexo.

CA03
Deseñar, crear, desenvolver e emprender proxectos novidosos e innovadores no seu ámbito de coñecemento.

CA04
Traballar tanto en equipo como de maneira autónoma nun contexto internacional ou multidisciplinario.

CA05
Integrar coñecementos, enfrontarse á complexidade e formular xuízos con información limitada.

CA06
A crítica e defensa intelectual de solucións.

 

Competencias xerais

CG1
Adquirir a habilidade de aplicar o método científico no estudo, conservación e xestión do Patrimonio Cultural.

CG2
Adquirir a capacidade de integrarse en grupos multidisciplinares de investigación no campo da protección do Patrimonio Cultural.

 

Competencias específicas

CE1
Adquirir a capacidade de abordar, dende un punto de vista científico, novos retos de investigación na Protección do Patrimonio Cultural.

CE2
Adquisición de coñecemento científico riguroso e profundo sobre algún aspecto relacionado coa Protección do Patrimonio Cultural.

 

Competencias transversais

CT1
Capacidade para crear, desenvolver e emprender proxectos novidosos e innovadores no ámbito da investigación sobre Patrimonio Cultural.

CT2
Capacidade para a redacción e exposición de textos científicos.

CT3
Capacidade de traballo en equipos de xeito coordinado e complementario.

CT4
Adquirir capacidade autocrítica e saber avaliar o rigor e orixinalidade dos resultados da investigación.