Inicio

 

Programa de Doutoramento en Protección do Patrimonio Cultural

Este programa de doutoramento interuniversitario é unha proposta que implica as tres Universidades do Sistema Universitario de Galicia.

 
 

 

O Programa de Doutoramento Interuniversitario en Protección do Patrimonio Cultural das Universidades de Vigo, Santiago de Compostela e A Coruña pretende xerar un espazo de encontro interprofesional entre os distintos axentes que participan na protección do patrimonio nas súas diferentes perspectivas: documentación e valoración, caracterización dos materiais e da contorna que o rodea, mecanismos de deterioro e diagnóstico e finalmente intervención directa ou indirecta sobre o patrimonio co obxecto de protexelo.