Campus del Agua
 

Programa Interuniversitario de Doutoramento en Protección do Patrimonio Cultural

UVIGO
USC

Este Programa de Doutoramento interuniversitario (Universidade de Vigo - Universidade de Santiago) pretende xerar un espazo de encontro interprofesional entre os distintos axentes que participan na protección do patrimonio nas súas diferentes perspectivas: documentación e valoración do ben, caracterización dos materiais do ben e da contorna que o rodea, mecanismos de deterioro e diagnóstico e finalmente intervención directa ou indirecta sobre o patrimonio co obxecto de protexelo.

Este Programa tamén pretende dar resposta á actual demanda de formación de carácter investigador por parte dos colectivos implicados na protección do patrimonio cultural, agrupando todas as disciplinas posibles que participan ou contribúen á protección do patrimonio nun marco común de encontro, intercambio e colaboración na formación superior.



O Programa de Doutoramento interuniversitario en Protección do Patrimonio Cultural (VIGO - USC) foi verificado positivamente polo Consello de Universidades, Secretaría Xeral de Universidades (Ministerio de Educación, Cultura e Deporte) en xuño de 2017 e contou co visto e prace da Xunta de Galicia para implantalo no curso académico 2017-2018.

Calendario de Actividades

Setembro 2017
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
28 29 30 31 1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 1

Actividades