Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

Poderán ser admitidos/as estudantes de calquera disciplina que cumpran cos requisitos de acceso, aínda que se dará prioridade a aqueles/as con formación no ámbito Humanístico Historia, Historia da arte, Xeografía (Licenciatura), Xeografía e Ordenación do Territorio (Grao), Xeografía e Historia (Licenciatura e Grao), Arqueoloxía, Belas Artes, Conservación e Restauración, Filosofía); Xurídico-Social (Dereito, Economía, Antropoloxía, Pedagoxía); Científico (Xeoloxía, Química, Bioloxía, Farmacia, Física); e Tecnolóxico (Enxeñarías -todas as ramas-, Arquitectura).

As persoas que desexen matricularse neste Programa de Doutoramento deberán presentar a súa solicitude na forma e prazos establecidos pola normativa de admisión e matrícula das universidades participantes.

Para ese efecto, o estudantado deberá acreditar o cumprimento dos requisitos de acceso e presentar a documentación necesaria para a avaliación da súa solicitude.

 

Criterios específicos de admisión

Será requisito obrigatorio para a admisión no programa de doutoramento a presentación dunha carta de aval emitida por un doutor ou doutora que:

  • Avale a potencial viabilidade da futura tese de doutoramento no marco dunha das liñas de investigación do programa.
  • Poida exercer como director/a da tese, en caso de cumprir os requisitos establecidos na normativa da universidade correspondente.

 

Criterios de valoración

A selección das persoas candidatas realizarase conforme aos principios de mérito, capacidade, igualdade e non discriminación. As solicitudes ordenaranse en función da puntuación total obtida.

Para a valoración das solicitudes teranse en conta os seguintes criterios:

  • Expediente académico dos estudos que dan acceso ao doutoramento. Valorarase a nota media de cada titulación. Puntuación máxima: 60 puntos.
  • Currículum vítae, no que se valorará a experiencia investigadora e/ou profesional relacionada co ámbito da Protección do Patrimonio Cultural. Só se terán en conta os méritos debidamente acreditados documentalmente. Puntuación máxima: 40 puntos.

 

Documentación requirida

As persoas solicitantes deberán achegar a seguinte documentación:

  • Certificación académica das titulacións de acceso (grao/licenciatura e mestrado), con indicación da nota media.
  • Currículum vítae.
  • Documentación acreditativa dos méritos alegados no currículum vítae.
  • Carta de aval dun doutor ou doutora nos termos establecidos nos requisitos específicos de admisión.