Recursos humanos
Na xestión e conservación do patrimonio cultural, nas súas diferentes formas (patrimonio cultural moble, inmoble, intanxible), participa persoal investigador de diferentes disciplinas: historia, xeografía, historia da arte, arqueoloxía, química, física, bioloxía, xeoloxía, arquitectura, conservación e restauración.
Por tanto, soamente dende unha perspectiva multidisciplinar é posible afrontar a investigación sobre o patrimonio co fin de protexelo e conservalo.