Supervisión de teses
Profesorado do programa
Todo o profesorado do Programa de Doutoramento estará en posesión do título de doutor, sen prexuízo da posible colaboración en determinadas actividades específicas doutras persoas ou profesionais en virtude da súa relevante cualificación científica ou profesional no correspondente ámbito de coñecemento.
Será factible incorporar ao programa persoal docente ou investigador alleo á propia universidade. En tal caso, a CAPD acreditará esta condición e garantirá os recursos necesarios para estas incorporacións debendo comunicalo á universidade.
Titores/as do programa
A admisión definitiva dun doutorando nun programa de doutoramento leva a asignación dun titor/a, designado/a pola Comisión Académica do programa de doutoramento. Tratarase de profesorado asignado ao programa con vinculación permanente coa universidade e/ou entidade colaboradora no programa de doutoramento.
Con carácter xeral, a persoa titora terá como funcións:
- Velar pola interacción do doutorando coa CAPD e, conxuntamente, co director/a da tese.
- Velar pola adecuación ás liñas do programa da formación e a actividade investigadora do doutorando/a.
- Orientar ao doutorando/a nas actividades docentes e de investigación do programa.
A CAPD, oído o/a doutorando/a, poderá modificar o nomeamento do/a titor/a en calquera momento do período de realización do doutoramento, sempre que concorran razóns xustificadas.
A labor de titorización será recoñecida como parte da dedicación docente e investigadora do profesorado tal e como fose regulado en cada unha das universidades participantes.
Directores/as da tese de doutoramento
No prazo máximo de tres meses desde a súa matriculación, a CAPD asignará a cada doutorando/a un director/a de tese que poderá ser coincidente ou non co/a titor/a previamente referido. O/a director/a da tese será o/a máximo/a responsable da coherencia e idoneidade das actividades de formación, do impacto e novidade no seu campo, da temática da tese e da guía na planificación e a súa adecuación, no seu caso, á doutros proxectos e actividades onde se inscriba o doutorando/a.
Poderá ser director/a de tese calquera doutor/a español ou estranxeiro, con experiencia acreditada investigadora, con independencia da universidade, centro ou institución en que preste os seus servizos. A efectos deste programa interuniversitario, por acreditada experiencia investigadora enténdese o cumprimento dalgún dos seguintes requisitos (entendendo que os requisitos máis esixentes son os que ha de asumir -se así se acorda no convenio- este programa de doutoramento):
- Ter recoñecido dous sexenios de actividade investigadora atendendo aos criterios da universidade que máis esixencias expón ao redor desta cuestión, ou un sexenio de actividade investigadora se a regulamentación de cada Universidade pode manterse.
- Ser, nos últimos 6 anos, investigador/a principal dun proxecto de investigación financiado mediante convocatoria pública (excluíndo os proxectos de convocatorias propias da universidade).
- Acreditar a autoría ou coautoría, no últimos seis anos, de polo menos 3 publicacións en revistas incluídas no Journal Citation Reports. Naquelas áreas nas que pola súa tradición non sexa aplicable este criterio substituirase por un requisito comparable segundo o establecido pola Comisión Nacional Evaluadora da Actividade Investigadora (CNEAI) nestes campos científicos.
- Acreditar a autoría ou coautoría dunha patente en explotación.
- Ter dirixido unha tese de doutoramento no últimos cinco anos coa cualificación de Sobresaliente Cum Laude ou Apto Cum Laude que dese lugar, polo menos, a unha publicación en revistas indexadas no ISI-JCR ou algunha contribución relevante no seu campo científico segundo os criterios da Comisión Nacional Evaluadora da Actividade Investigadora (CNEAI).
No caso de que un profesor/a do programa cumpra os requisitos para ser director/a e titor/a asumirá as dúas funcións, de ser o caso.
No caso que o director/a non teña vinculación permanente coa universidade ou entidade colaboradora do programa ou non sexa profesor/a do programa, o programa asignará un titor/a que cumpra os requisitos establecidos no Regulamento de Estudos de Doctorado da universidade na que esté matriculado o doutorando/a.
A CAPD, oído o doutorando/a, poderá modificar o nomeamento do director/a de tese en calquera momento do período de realización do doutoramento, sempre que concorran razóns xustificadas.