Seguimento do doutorando
Unha vez formalizada a matrícula, cada doutorando/a terá un espazo individual e personalizado para os rexistros académicos do seu expediente: a secretaría virtual. Este espazo inclúe, entre outras, a sección “Documento de actividades”, na que o/a doutorando/a debe incluír a relación das actividades formativas obrigatorias que vai realizando durante os cursos académicos. Deberán presentarse as evidencias documentais que as acrediten (na UVigo é posible subilas á plataforma dixital). As actividades deberán ser validadas polo/a titor/a e aprobadas pola CAPD para que poidan ser finalmente incluídas no expediente do/a doutorando/a.
Plan de Investigación
Antes de seis meses a contar desde a data da matrícula, cada doutorando/a elaborará un Plan de Investigación que incluirá os obxectivos a acadar, a metodoloxía a desenvolver, os medios a utilizar e a planificación temporal. O Plan deberá ser presentado e avalado co informe do/a Director/a e do/a Titor/a e deberá ser aprobado pola CAPD. Este plan poderase mellorar e detallar no proceso de avaliación anual contando co aval do Titor e o Director.
Compromiso de supervisión
As funcións de supervisión, tutela e seguimento dos/as doutorandos/as reflectirase no documento Compromiso de supervisión. Devandito documento será asinado polo titor/a, alumno/a e director/a nun prazo máximo dun mes a contar desde a data de matrícula. Este Compromiso de supervisión incorporarase ao Documento de Actividades do Doutorando.
O modelo do Compromiso de supervisión atópase aquí:
Defensa anual do Plan de Investigación
Anualmente, cada alumno/a, independentemente da sede onde estea matriculado, deberá realizar unha defensa onde presentará os avances realizados durante o curso académico e xustificará debidamente as desviacións respecto do seu Plan de Investigación. O procedemento de Defensa Anual do Plan de Investigación (actividade formativa 4) está regulado pola CAPD e pode ser consultado no seguinte enlace:
Regulamento de defensa e avaliación anual do Plan de investigación.