Presentación e defensa da tese

Para a presentación e defensa da Tese de doutoramento, se deberán cumprir os requisitos establecidos nos regulamentos das tres universidades participantes:

UVIGO | USC | UDC

Ademais, se deberán cumprir os seguintes requisitos específicos do programa:

  1. Ter aprobado o Plan de Investigación
  2. Dispoñer de avaliación positiva do Plan de Investigación en todas as anualidades
  3. Ter o visto bo do/a director/a e titor/a
  4. Ter superado as actividades formativas obrigatorias 1 a 5
  5. Publicar o/a doutorando/a, xunto cos directores/as, parte do traballo da Tese Doutoral nunha revista especializada

No caso de teses de doutoramento de carácter científico ou tecnolóxico, exixirase a lo menos un artigo publicado en xornais incluídos no Journals Citation Report Science Edition.
No caso das teses de doutoramento no ámbito humanístico, será necesaria a publicación dun artigo en xornais incluídos en índices de calidade específicos, como o SSCI (Social Sciences Citation Index), o AHCI (Arts and Humanities Citation Index), Latindex (Sistema Regional de Información en Línea para Revistas Científicas de América Latina, el Caribe, España y Portugal) ou con outros índices de calidade. Tendo en conta as singularidades deste campo, pódense considerar tamén artigos publicados en revistas non indexadas ou sen un índice de calidade relativo, tendo en conta o recoñecemento específico da revista na súa área e o rigor e obxectividade do proceso de selección. Tamén se poderá considerar a publicación de libros, capítulos de libros ou actas de conferencias que teñan índices contrastables de calidade.

En calquera caso, a esixencia relativa ás publicacións debe garantir que os resultados da tese de doutoramento sexan orixinais e coa calidade necesaria.
As etapas, procedementos administrativos e prazos para a solicitude de presentación (admisión a trámite) e defensa da tese de doutoramento están dispoñibles na páxina web de cada unha das universidades participantes:

Procedemento de admisión a trámite na UVIGO
Procedemento de admisión a trámite na USC

Procedemento de admisión a trámite na UDC:

 

Teses defendidas