O estudantado que desexe matricularse neste programa de doutoramento presentará a súa solicitude na plataforma de matrícula dalgunha das universidades participantes durante o período de preinscrición establecido no seu respectivo calendario:

A solicitude presentarase na forma en que determinen as normas de admisión e matrícula das respectivas Universidades. Pode consultarse nos seguintes enlaces:
UVIGO | USC | UDC

Xunto coa solicitude de admisión, débese remitir a documentación de carácter xeral que establezan as respectivas normativas, así como a documentación específica seguinte:

Cartas de aval: se presentará a carta dun profesor/a con compromiso de asumir a dirección da tese, e/ou cartas doutros profesores, investigadores ou profesionais no campo do Patrimonio (máximo 5 cartas).

Certificacións académicas oficiais onde conste a nota media das titulacións de acceso (Licenciatura ou Grado e Máster)

Curriculum Vitae e xustificantes dos méritos:

  • Publicacións indexadas ou publicadas en actas de congresos
  • Comunicacións orais ou pósters en congresos con comité científico internacional
  • Comunicacións orais en outras xornadas
  • Participación en proxectos
  • Outros méritos no ámbito da Protección do Patrimonio

Unha vez recibidas tódalas solicitudes, as Universidades participantes comprobarán que os aspirantes satisfacen os requisitos de acceso no curso 2019-2020, que están descritos no Real Decreto 99/2011, de 28 de xaneiro, polo que se regulan as ensinanzas oficiais de doutoramento.
A continuación, se priorizarán as candidaturas en función da documentación presentada atendendo aos criterios de admisión. Con respecto a esta fase, seguiranse os principios de obxectividade, imparcialidade, mérito e capacidade.

Aquelas candidaturas que acaden maior puntuación serán as finalmente admitidas no programa.